Bela Fisterra Experience, tes que vivila.

Co obxectivo de dar a coñecer todo o que é a BF Experience, convidamos ao chou a tres parellas para que viñeran coñecer o noso hotel. Durante unha fin de semana, ofrecémoslles os nosos servizos para que puidesen coñecer Fisterra e todos os seus arredores. Para amosar esta experiencia, realizamos un vídeo onde recollemos todas as experiencias vividas: o dormitorio, o hotel, a praia da Langosteira, a visita ao faro, a gastronomía local… Unha experiencia completa que quixemos que os convidados vivisen connosco.

«Nunca estiveramos nun hotel literario e a experiencia foi marabillosa.»