Un hotel dedicado á literatura universal do mar.

O Hotel Bela Fisterra é un lugar único; un espazo realizado a partir dos textos máis belos xamais escritos sobre o mar. É un hotel de deseño que se basea na literatura universal do mar para construír toda a súa identidade. Ademais de natureza e confort, aquí te atoparás rodeado de arte e literatura. Unha experiencia única onde se mesturan mar, beleza e tranquilidade.

Espazos

Cada espazo de Bela Fisterra fai referencia a autores e obras que nalgún momento da súa carreira fixeron a súa particular homenaxe ao mar. No hotel, atoparás que cada habitación está dedicada a unha obra e autor concretos, convertendo así cada unha das estancias en espazos xenuínos e únicos.

Inspiración

Bela Fisterra desenvolveu unha nova modalidade de «hotel literario», pois é o primeiro hotel desta categoría en Galicia. É un espazo dedicado á literatura, o mar e a natureza, onde atoparás a inspiración e o descanso que estás a buscar.

Interacción

Co obxectivo de que obteñas máis información acerca de cada un dos nosos espazos, en cada habitación atoparás un código QR co que poderás acceder á nosa aplicación. Esta app desenvolveuse para que o visitante teña acceso aos textos completos nos que se basea cada un dos nosos espazos, ademais dunha biografía completa do autor correspondente.