PLAN DE IGUALDADE

 

1. ÁMBITO DE APLICACIÓN
O presente plan é aplicable para todos os nosos centros de traballo, sen prexuízo das medidas concretas que se puidesen establecer atendendo ás características concretas de cada un dos centros de traballo. Así mesmo, será un marco de aplicación referente con suxeición á normativa local.

 

2. EIXES DE ACTUACIÓN
O plan de igualdade estrutúrase en 6 eixes de actuación:
1. Cultura e comunicación
2. Selección
3. Formación e desenvolvemento profesional
4. Retribución
5. Conciliación e corresponsabilidade
6. Medidas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero

 

En cada un dos eixes de actuación descríbense:
a. Obxectivos que deben alcanzarse
b. Accións concretas para conseguir os obxectivos marcados. Estes obxectivos e accións recóllense nun calendario, no que se especifican as áreas de responsabilidade e as datas de compromiso respecto ao período de implantación de cada unha das accións.

 

EIXE 1. CULTURA E COMUNICACIÓN
Obxectivo 1.1 Fomentar unha cultura de igualdade, asegurando o principio da igualdade de trato e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Accións:
1.1.1. Definir os indicadores da empresa en materia de igualdade, coa periodicidade que se acorde para medir a súa evolución.
1.1.2. O persoal de novo ingreso recibirá formación específica sobre os principios de igualdade na empresa e plan de igualdade.

 

Obxectivo 1.2 Difusión do plan de igualdade.
Accións:
1.2.1. A empresa velará polo cumprimento do plan de igualdade en todos os centros de traballo da empresa. Todas as persoas que asuman esta función recibirán unha formación.

 

Obxectivo 1.3 Sensibilización en materia de igualdade.
Accións:
1.3.1. Tanto a representación sindical coma todas as persoas encargadas dos procesos de xestión de persoas (selección, retribución, promoción e desenvolvemento profesional), recibirán formación específica en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.
1.3.2. Revisaranse os procedementos de traballo das unidades de negocio nas que as mulleres estean infrarrepresentadas, tentando detectar se existe unha barreira para o acceso da muller a estes postos, establecéndose as melloras necesarias para eliminar esas barreiras.

 

Obxectivo 1.4 Seguimento periódico da opinión dos empregados e empregadas en materia de igualdade.
Accións:
1.4.1. Incluír preguntas relacionadas coa igualdade de oportunidades e a conciliación nas posibles enquisas de clima laboral que se puidesen realizar no futuro, dirixidas ás persoas que compoñen o persoal.
1.4.2. Establecer un plan de mellora a partir dos resultados que presenten as mesmas.

 

Obxectivo 1.5 Reforzar a cultura da igualdade, tanto interna como externamente.
Accións:
1.5.1. Realizar un plan de comunicación específico dirixido a todo o persoal para o tema da igualdade e comunicar anualmente (salvo que se considere unha periodicidade inferior nalgún tema) os avances do plan a través das canles formais de comunicación dispoñibles.

 

Obxectivo 1.6 Asegurar a incorporación da perspectiva de xénero na aplicación de calquera obrigación referente á prevención de riscos laborais.
Accións:
1.6.1 A avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva terá en conta a diversidade, e deberá contemplar as diferenzas de xénero e a totalidade de riscos para a saúde (seguridade, axentes químicos, biolóxicos e físicos, riscos músculo-esqueléticos e psicosociais), co fin de que as políticas e prácticas de prevención dean resposta ao conxunto das condicións de traballo de homes e mulleres.
1.6.4. Asegurar o cumprimento da LPRL (artigo 26 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais: adaptación ao cambio do posto de traballo).
1.6.5. Difundir as reformas lexislativas establecidas na Lei 3/2007 de 22 marzo, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes e o RD 295/2009 do 6 de marzo que a desenvolve en materia de prestacións da Seguridade Social.

 

EIXE 2: SELECCIÓN
Obxectivo 2.1 Garantir a selección non discriminatoria e a incorporación de mulleres naquelas áreas, colectivos e postos de traballo onde a súa representación é menor, con base nas políticas e os procesos de selección da empresa.
Accións:
2.1.1. Establecer acordos cos centros formativos nas diferentes localidades onde a empresa ten centros de traballo, para favorecer a entrada de mulleres e homes con formación técnica acorde aos postos que se requiren na empresa.
2.1.2. Verificar e manter o compromiso da empresa coa igualdade e a non discriminación nos documentos que integran o proceso de selección.
2.1.3. Os anuncios e criterios de selección non conterán requisitos que, sen ser relevantes para o exercicio do traballo, impidan a presentación ou a selección dun xénero determinado.

 

EIXE 3: FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL
Obxectivo 3.1 Favorecer a promoción e a igualdade de oportunidades de mulleres e homes no desenvolvemento profesional.
Accións:
3.1.1. Manter os programas de identificación de talento interno que permitan dispoñer dunha base de mulleres e homes cualificados con potencial para promover as posicións de responsabilidade, asegurando que a porcentaxe de mulleres sexa polo menos igual á porcentaxe de mulleres no persoal da empresa.

 

Objetivo 3.2 Garantir que a conciliación da vida persoal e laboral non supoña un freo para os profesionais que desexen acceder a postos de traballo de maior responsabilidade.
Accións:
3.2.1 Favorecer o acceso á formación ao persoal con excedencia, redución de xornada ou calquera outra situación relacionada coa conciliación da vida persoal.

 

Obxectivo 3.3 Favorecer a promoción dos profesionais a todas as categorías, funcións e postos de traballo nos que están infrarrepresentadas as mulleres.
Accións:
3.3.1. Formar ás traballadoras para acceder a postos de traballo con escasa presenza feminina.

 

EJE 4: RETRIBUCIÓN
Obxectivo 4.1 Garantir a aplicación efectiva do principio de igual remuneración por un traballo de igual valor e, en concreto, a non existencia de diferenzas salariais por razón de xénero.
Accións:
4.1.1 A empresa fará unha análise da súa política retributiva con perspectiva de xénero, co fin de detectar posibles elementos discriminatorios, para corrixilos, no caso de que se detecten.
4.1.2 Corrixir as diferenzas salariais por razón de xénero que se puidesen detectar por outras vías.
4.1.3 Garantir a igualdade de trato na aplicación do sistema retributivo ás persoas que estean a utilizar calquera medida de conciliación persoal, familiar e profesional.

 

EJE 5: CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE
Obxectivo 5.1 Promover unha cultura que facilite a conciliación da vida persoal e laboral e a corresponsabilidade, asegurando que o exercicio destes dereitos non teña consecuencias negativas no ámbito profesional, dado o seu especial impacto no colectivo feminino.
Accións:
5.1.1. Sensibilizar e informar ao persoal sobre a importancia da corresponsabilidade nos compromisos familiares. Propiciarase concretamente a igualdade de obrigacións para o coidado das persoas dependentes e a sensibilización en materia de responsabilidades familiares e repartición equilibrada de tarefas.

 

EIXE 7: MEDIDAS DE APOIO ÁS TRABALLADORAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
A empresa garante que as empregadas vítimas de violencia de xénero terán os dereitos establecidos no Estatuto dos Traballadores, por mor da entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero do 28 de decembro do 2004:
Ademais do establecido legalmente, a empresa poñerá en marcha as seguintes medidas:
a) Facilitará a continuidade laboral aos membros do persoal que sexan vítimas de violencia de xénero.
b) Facilitará con preferencia a ocupación vacantes que se xeren fóra do lugar de residencia habitual, sen necesidade de seguir o procedemento de cobertura convencionalmente previsto.

 

3. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
Este plan estará vixente dende o día da súa firma ata o 31 de decembro de 2017. No caso de que non se acorde un novo plan cando finalice a súa vixencia, prorrogarase o contido do mesmo ata a firma dun novo acordo.
Ao longo deste período levarase a cabo o seguimento da posta en marcha das accións planificadas e elaborarase anualmente un informe detallado dos avances do plan.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies