transparente

Fisterra, a derradeira perla de occidente.

Era coñecida polos romanos como Finis Terrae: «a fin do mundo». Por se tratar do punto máis occidental do seu mundo coñecido, os romanos pensaban que alí remataba a vida. Aínda que hoxe sabemos que non é así, o seu magnetismo e maxia son indiscutibles. A liña do horizonte e o seu mar calmo fannos sentir que somos parte de algo máis grande, e convídanos a reflexionar sobre o que haberá alén do horizonte.

Como deixou escrito Modesto Fraga, Fisterra é simultaneamente a fin da terra occidental e unha porta de entrada ao descoñecido. Un mundo de soños, espiritualidade e misterio, que surxe naturalmente de toda unha inxente tradición de ritos ancestrais custodiados na memoria dos tempos.

FINIS TERRAE

Fisterra, Finisterre, Finis Terrae, a fin do mundo… existen moitas maneiras de nomear un lugar tan especial coma este. É un municipio da provincia da Coruña que pertence á comarca de Fisterra e constitúe o punto final do Camiño de Santiago. Trátase do «epílogo de Fisterra», no que os peregrinos teñen a oportunidade de visitar un total de nove municipios (Ames, Negreira, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía). Unha etapa do Camiño onde gozar de vistas espectaculares, cantís e praias salvaxes.

GASTRONOMÍA

A gastronomía fisterrán baséase principalmente, como é de esperar dun pobo mariñeiro, no peixe e o marisco. No tocante aos mariscos, destacan o boi, a lagosta, a centola, a nécora, o lumbrigante, a vieira, os percebes e, por riba de todos, o longueirón. O longueirón é o produto típico do pobo; unha clase de marisco moi abundante na zona, dunha calidade excepcional.

Respecto ao peixe, adoita facerse cocido, á prancha ou á brasa. O peixe cocido prepárase en caldeirada con allo, o que se coñece mellor como «á galega». Trátase dun prato de extraordinaria calidade e cun sabor magnífico. Tamén merece unha mención especial a empanada; aínda que se trata dunha elaboración típica en toda Galicia, en Fisterra está especialmente boa.

A FIN DO CAMIÑO

Cómpre salientar que para moitos peregrinos Santiago de Compostela non é a meta espiritual do camiño; para moitos cumprirá esta función a Costa da Morte. É un traxecto que contén tamén un elevado grao de misticismo; un lugar afastado ao que todos desexan chegar para conseguir ver como se agocha o sol na infinidade do océano Atlántico; un lugar onde outrora se pensaba que morría.

Son nove os municipios visitados polos peregrinos: Ames, Negreira, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía. Este camiño é designado como o epílogo de Fisterra ou prolongación do camiño. Para chegar a Fisterra hai que percorrer 89 quilómetros máis, mais asegurámosvos que paga a pena. Ademais, o camiño cara a Fisterra pasa xusto por diante da nosa porta.

Aínda que a prolongación cristián desde Santiago de Compostela cara a Fisterra (e tamén Muxía) comeza pouco despois do descubrimento do apóstolo Santiago, é a partir do século XIII, cando Fisterra se converte nunha meca de peregrinación. Unha prolongación que a día de hoxe segue a sumar adeptos, xa que ten diversos reclamos.

Moitos camiñantes deciden continuar o camiño atraídos pola posibilidade de consumar o seu itinerario no mar e polo desexo de coñecer a Costa da Morte; é unha das franxas costeiras máis maxestosas da Península Ibérica, e nela pódese gozar dun mar por intres bravío e por intres calmo.

 

Aínda que o nome deste litoral está vinculado ao seu perigo e a que nesta zona naufragaron ao longo da historia unha multitude de barcos, Fisterra posúe un dos mares máis silenciosos. Trátase dun itinerario onde se pode atopar o lendario do destino e a beleza do percorrido, dos máis sublimes en territorio galego tanto a nivel natural como patrimonial. Un lugar cheo de maxia e quietude con fermosísimos exemplos de arte románico, ademais das diversas tradicións que aínda conserva.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies