Un hotel dedicado á literatura universal do mar.

O Hotel Bela Fisterra é un lugar único. É un espazo que xorde a partir dos textos máis belos xamais escritos sobre o mar; un hotel de deseño que se basea na literatura universal do mar para construír toda a súa identidade. Aquí, ademais da natureza e o confort, envolverate a arte e a literatura. Unha experiencia extraordinaria onde se mesturan mar, beleza e tranquilidade.

transparente

Espazos

 

Todos os espazos do Bela Fisterra fan referencia a autores literarios que homenaxearon o mar nalgún momento da súa carreira. Descubrirás que todos os cuartos están dedicados a unha obra literaria ou autor concretos, o que os converte en espazos xenuínos e únicos.

transparente
transparente
transparente

Inspiración

 

O Bela Fisterra desenvolveu unha nova modalidade de «hotel literario», polo que é o primeiro hotel con esta categoría en Galicia. Trátase dun espazo dedicado á literatura, o mar e a natureza, onde atoparás a inspiración e o descanso que estás a buscar.

transparente

Interacción

 

Co obxectivo de ofrecer máis información sobre cada un dos nosos espazos, pomos á disposición do cliente en todos os cuartos un código QR co que se poderá acceder á nosa aplicación. Esta app desenvolveuse para que o visitante teña acceso aos textos completos nos que se basea cada un dos nosos espazos, ademais da biografía completa do autor correspondente.

transparente